Marevento é un proxecto que nace con gran entusiasmo e ilusión, cun claro rumbo, ensinar a navegar, a gozar do mar con respecto ao medio ambiente e sobre todo coa máxima seguridade, baseada no coñecemento.

Realmente xerminou fai moitos anos, cando un avó, Ramón Coello Trigo, levaba aos seus netos na sua gamela a botar os trasmallos e o palangre por Vilaxoan, dende canelas, a escollera, ata a rampla de Don Mariano, hoxe en día inexsistente. Ensinounos, a bogar, a pescar e, sobre todo, o qué ainda non sabían, a amar e respectar o mar e as suas xentes.